miércoles, 7 de marzo de 2018

Coñecemos a Ledicia Costas!



"Ser cociñeiro cando tes dez anos e moita fame o 85% do tempo, non é nada doado. Eu trato de seguir as instrucións do libro de cociña con todas as miñas forzas, pero as cousas nunca son tan sinxelas canto te pos mans a obra." 

Así comeza o libro no que están somerxidos os nenos e nenas de 3º e 4º de educación primaria titulado "Escarlatina, a cociñeira defunta" que foi galardoado co premio nacional de literatura infantil e xuvenil. 


Esta historia foi escrita pola autora Ledicia Costas quen tivemos o pracer de coñecer hoxe no Instituto Carlos Casares. 

Ledicia foi encantadora ,aclarounos as nosas preguntas sobre os personaxes, contounos porque posteriormente escribiu  "Esmeraldina a pequena defunta"e finalmente firmou os nosos exemplares. Ao finalizar este encontro, os nenos e nenas do instituto invitáronnos a uns deliciosos manxares elaborados por eles mesmos seguindo as receitas que aparecen neste libro.

Agradecer a Ledicia por esta marabillosa mañá onde os nenos desfrutaron coas súas historias, así como agradecer a todos os membros do instituto por invitarnos a participar nesta xornada coa autora e acollernos tan ben.