domingo, 10 de diciembre de 2017

VIII XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES


A pasada  fin de semana tiveron lugar as VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia en Santiago de Compostela . É xa unha cita anual obrigada do grande colectivo do profesorado que traballa a diario nas bibliotecas escolares.As xornadas foron organizadas polo CAFI e  inauguradas por  D.  Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e O. U. Nelas participamos máis dun milleiro de mestres. Todo unha experiencia de encontro, participación e aprendizaxe.